Richard Goldschmidt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1878 Frankfurt, Alemaña |
Morte | 24 de abril de 1958 (80 anos) Berkeley (Estados Unidos de América) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade de Heidelberg Goethe-Gymnasium (en) |
Director de tese | Johann Adam Otto Bütschli (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xenética |
Lugar de traballo | Berlín Berkeley Toquio Múnic |
Ocupación | biólogo, xenetista, botánico, zoólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Múnic Universidade de California, Berkeley |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Paul Buchner e Käte Pariser (en) |
Abreviación dun autor en botánica | Goldschm. |
Arquivos en |
|
Cronoloxía | |
1933-1945 | Emigration from Nazi Germany 1933-1945 (en) Causado por: persecution of Jews in the Nazi era (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Medvik >>>:Goldschmidt, Richard Benedict, 1878-1958, Richard Benedict Goldschmidt: April 12, 1878-April 24, 1958 (en) |
Richard Benedict Goldschmidt (12 de abril de 1878 – 24 de abril de 1958) foi un xenetista alemán. Considérase que foi o primeiro que intentou integrar a xenética, o desenvolvemento e a evolución.[1] Foi pioneiro nos estudos para comprender as normas de reacción, asimilación xenética, xenética dinámica, determinación do sexo e heterocronía.[2] Goldschmidt presentou un modelo de macroevolución por macromutacións popularmente coñecido como a hipótese do "monstro optimista", que foi polémico.[3]
Goldschmidt tamén describiu o sistema nervioso dos nematodos, un traballo que influíu en Sydney Brenner para que estudase o "diagrama do cableado" de Caenorhabditis elegans,[4] o que para Brenner e os seus colegas supuxo gañar o Premio Nobel en 2002.
Infancia e educación
[editar | editar a fonte]Goldschmidt naceu en Frankfurt-am-Main, Alemaña de pais pertencentes á clase media alta de ascendencia xudea asquenací.[5] Tivo unha educación clásica e estudou na Universidade de Heidelberg a partir de 1896, onde estivo interesado na historia natural. Desde 1899 Goldschmidt estudou anatomía e zooloxía na Universidade de Heidelberg con Otto Bütschli e Carl Gegenbaur. Recibiu o seu doutoramento Ph.D. baixo a dirección de Bütschli en 1902, estudando o desenvolvemento do trematodo Polystomum.[2]
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1903 Goldschmidt empezou a traballar como asistente de Richard Hertwig na Universidade de Múnic, onde continuou os seus traballos sobre os nematodos e a súa histoloxía, incluíndo estudos do desenvolvemento do sistema nervioso de Ascaris e a anatomía do Amphioxus. Fundou a revista de histoloxía Archiv für Zellforschung mentres traballaba no laboratorio de Hertwig. Baixo a influencia de Hertwig, tamén empezou a interesarse no comportamento dos cromosomas e no novo campo da xenética.[2]
En 1909 Goldschmidt chegou a ser profesor na Universidade de Múnic e, inspirado polo tratado de xenética de Wilhelm Johannsen Elemente der exakten Erblichkeitslehre, comezou a estudar a determinación do sexo e outros aspectos da xenética da avelaíña Lymantria dispar, coa cal fixo cruzamentos entre diversas razas. Observou varios estadios do seu desenvolvemento sexual e atopou que algúns dos animais non eran nin machos nin femias, pero tampouco hermafroditas, senón que representaban un espectro completo de xinandromorfismo. Denominounos "intersexo", e ao fenómeno "intersexualidade" (Intersexualität).[6] Os seus estudos sobre Lymantria dispar, que culminaron na súa monografía de 1934 titulada Lymantria, convertéronse na base da súa teoría de determinación sexual, na cal traballou desde 1911 ata 1931.[2] Goldschmidt marchou de Múnic en 1914 para traballar como xefe da sección de xenética do recentemente fundado Instituto de Bioloxía Káiser Guillermo de Berlín.[7]
Durante unha viaxe de campo que estaba facendo no Xapón en 1914, non puido tornar a Alemaña debido ao estoupido da primeira guerra mundial, e foi detido como un estranxeiro inimigo nos Estados Unidos. Foi internado nun campo de internamento en Fort Oglethorpe, Xeorxia para "alemáns perigosos".[8] Despois da súa liberación en 1918, volveu a Alemaña en 1919 e recomezou o seu traballo no Instituto Káiser Gullermo. Sentindo que daquela era inseguro para el (que era xudeu) permanecer en Alemaña durante o período nazi, emigrou en 1936 aos Estados Unidos, onde foi profesor na Universidade de California, Berkeley. Durante a segunda guerra mundial, o partido nazi publicou un póster de propaganda titulado "Dominación do mundo polos xudeus" que mostraba a árbore de familia de Goldschmidt.[9]
Evolución
[editar | editar a fonte]Goldschmidt foi o primeiro científico en usar o termo "monstro optimista" (hopeful monster). Pensaba que os pequenos cambios graduais non podían salvar a distancia entre a microevolución e a macroevolución. No seu libro The Material Basis of Evolution (1940), escribiu
o cambio de especie a especie non é un cambio que implique máis e máis cambios atomistas adicionais, senón un cambio completo do padrón primario ou sistema de reacción a outro novo, o cal despois pode de novo producir variación intraespecífica por micromutación.
Goldschmidt cría que os cambios grandes na evolución eran causados por macromutacións (grandes mutacións). As súas ideas sobre macromutacións acabaron coñecéndose como a hipótese do "mostro optimista", un tipo de evolución saltatoria, que foi ridiculizada xeneralizadamente.[10]
Segundo Goldschmidt, os "biólogos parecen inclinados a pensar que como eles nunca viron unha "gran" mutación, tal cousa non pode ser posible. Pero ditas mutacións só necesitan ser un evento de rareza moi extraordinaria para proporcionarlle ao mundo o importante material para a evolución".[11] Goldschmidt cría que a idea neodarwinista da acumulación gradual de pequenas mutacións era importante, pero podía explicar a variación só dentro das especies (microevolución) e non era unha fonte de novidades evolutivas suficientemente poderosa para explicar a formación de novas especies. En vez diso, el cría que para as grandes diferenzas xenéticas entre especies compría que se producisen profundas "macromutacións", como fonte de grandes cambios xenéticos (macroevolución), o cal de cando en cando podía xerar un "monstro optimista".[12][13]
Goldschmidt considérase normalmente un "non darwinista"; porén, non poñía obxeccións aos principios microevolutivos xerais dos darwinistas. Apartouse da teoría sintética só pola súa crenza de que unha especie nova se desenvolvía subitamente por medio de variación descontinua ou macromutación. Goldschmidt presentou a súa hipótese cando o neodarwinismo estaba converténdose en dominante entre os anos 1940 e 1950, e protestaba fortemente contra o gradualismo estrito dos teóricos do neodarwinismo. As súas ideas foron vistas como moi pouco ortodoxas pola maioría dos científicos e foron ridiculizadas e desprezadas.[14] Porén, houbo un interese recente nas ideas de Goldschmidt no eido da bioloxía evolutiva do desenvolvemento, xa que algúns científicos, como Günter Theißen e Scott F. Gilbert, están convencidos de que non estaba totalmente errado.[15][16] Goldschmidt presentou dous mecanismos polos calos os mostros optimistas poderían funcionar. Un mecanismo, que implicaba "mutacións sistémicas", rexeitaba o concepto clásico de xene e xa non se ten en conta na ciencia moderna; porén, o seu segundo mecanismo implicaba "macromutacións de desenvolvemento" en "xenes de ritmo" ("rate genes") ou "xenes controladores" que cambian o desenvolvemento inicial e así causan grandes efectos no fenotipo adulto. Este tipo de mutacións son similares ás consideradas na bioloxía evolutiva do desenvolvemento contemporánea.[17]
Bibliografía seleccionada
[editar | editar a fonte]- Goldschmidt, R. B. (1917). "Intersexuality and the endocrine aspect of sex". Endocrinology 1 (4): 433–456. doi:10.1210/endo-1-4-433.
- Goldschmidt, R. B. (1923). The Mechanism and Physiology of Sex Determination, Methuen & Co., London. (Translated by William Dakin)
- Goldschmidt, R. B. (1929). "Experimentelle Mutation und das Problem der sogenannten Parallelinduktion. Versuche an Drosophila". Biologisches Zentralblatt 49: 437–448.
- Goldschmidt, R. B. (1931). Die sexuellen Zwischenstufen, Springer, Berlin.
- Goldschmidt, R. B. (1934). "Lymantria". Bibliographia Genetica 111: 1–185.
- Goldschmidt, R. B. (1940). The Material Basis of Evolution, New Haven CT: Yale Univ.Press. ISBN 0-300-02823-7
- Goldschmidt, R. B. (1946). "'An empirical evolutionary generalization' viewed from the standpoint of phenogenetics". American Naturalist 80 (792): 305–17. PMID 20982737. doi:10.1086/281447.
- Goldschmidt, R. B. (1960) In and Out of the Ivory Tower, Univ. of Washington Press, Seattle.
- Goldschmidt, R. B. (1945). "Podoptera, a homoeotic mutant of Drosophila and the origin of the insect wing". Science (Apr 13, 1945) 101 (2624): 389–390. Bibcode:1945Sci...101..389G. PMID 17780329. doi:10.1126/science.101.2624.389.
- Goldschmidt, R. B. (1948). "New Facts on Sex Determination in Drosophila melanogaster". PNAS (Jun 1948) 34 (6): 245–252. Bibcode:1948PNAS...34..245G. PMC 1079103. PMID 16588805. doi:10.1073/pnas.34.6.245.
- Goldschmidt, R. B. (1949). "Research and Politics". Science (Mar 4, 1949) 109 (2827): 219–227. Bibcode:1949Sci...109..219G. PMID 17818053. doi:10.1126/science.109.2827.219.
- Goldschmidt, R. B. (1949). "The intersexual males of the beaded minute combination in Drosophila melanogaster". PNAS (Jun 15, 1949) 35 (6): 314–6. Bibcode:1949PNAS...35..314G. PMC 1063025. PMID 16588896. doi:10.1073/pnas.35.6.314.
- Goldschmidt, R. B. (Oct 1949). "Phenocopies". Scientific American 181 (4): 46–9. Bibcode:1949SciAm.181d..46G. PMID 18148325. doi:10.1038/scientificamerican1049-46.
- Goldschmidt, R. B. (1949). "The beaded minute-intersexes in Drosophila melanogaster Meig". J. Exp. Zool. (Nov 1949) 112 (2): 233–301. Bibcode:1949JEZ...112..233G. PMID 15400338. doi:10.1002/jez.1401120205.
- Goldschmidt, R. B. (1949). "The interpretation of the triploid intersexes of Solenobia". Experientia (Nov 15, 1949) 5 (11): 417–25. PMID 15395346. doi:10.1007/BF02165248.
- Goldschmidt, R. B. (1950). ""Repeats" and the Modern Theory of the Gene". PNAS (Jul 1950) 36 (7): 365–8. Bibcode:1950PNAS...36..365G. PMC 1063204. PMID 15430313. doi:10.1073/pnas.36.7.365.
- Goldschmidt, R. B. (1951). "Chromosomes and genes". Cold Spring Harb. Symp. Quant. Biol. 16: 1–11. PMID 14942726. doi:10.1101/sqb.1951.016.01.003.
- Goldschmidt, R. B. (1954). "Different philosophies of genetics". Science (May 21, 1954) 119 (3099): 703–10. Bibcode:1954Sci...119..703G. PMID 13168356. doi:10.1126/science.119.3099.703.
- Goldschmidt, R. B.; Piternick, L K (1957). "The genetic background of chemically induced phenocopies in Drosophila". J. Exp. Zool. (Jun 1957) 135 (1): 127–202. Bibcode:1957JEZ...135..127G. PMID 13481293. doi:10.1002/jez.1401350110.
- Goldschmidt, R. B. (1957). "A REMARKABLE ACTION OF THE MUTANT "RUDIMENTARY" IN Drosophila Melanogaster". PNAS (Aug 15, 1957) 43 (8): 731–6. Bibcode:1957PNAS...43..731G. PMC 528529. PMID 16590077. doi:10.1073/pnas.43.8.731.
- Goldschmidt, R. B.; Piternick, L K (1957). "The genetic background of chemically induced phenocopies in Drosophila. II". J. Exp. Zool. (Nov 1957) 136 (2): 201–228. Bibcode:1957JEZ...136..201G. PMID 13525585. doi:10.1002/jez.1401360202.
- Goldschmidt, R. B. (1957). "On Some Phenomena in Drosophila Related to So-Called Genic Conversion". PNAS (Nov 15, 1957) 43 (11): 1019–1026. Bibcode:1957PNAS...43.1019G. PMC 528575. PMID 16590117. doi:10.1073/pnas.43.11.1019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hall, B. K. (2001). "Commentary". American Zoologist 41 (4): 1049–1051. doi:10.1668/0003-1569(2001)041[1049:C]2.0.CO;2.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Dietrich, Michael R. (2003). Richard Goldschmidt: hopeful monsters and other 'heresies.' Nature Reviews Genetics 4 (xaneiro): 68-74.
- ↑ Gould, S. J. (1977). "The Return of Hopeful Monsters." Natural History 86 (xuño/xullo): 24, 30.
- ↑ Rodney Cotterill Enchanted Looms: Conscious Networks in Brains and Computers 2000, p. 185
- ↑ Fangerau, Heiner (2005). "Goldschmidt, Richard Benedict". En Adam, Thomas; Kaufman, Will. Germany and the Americas: Culture, Politics, and History. ABC–CLIO. pp. 455–456. ISBN 978-1-85109-628-2.
- ↑ Goldschmidt, Richard (1915). Vorläufige Mitteilung über weitere Versuche zur Vererbung und Bestimmung des Geschlechts. In: Biologisches Centralblatt, Band 35. Leipzig: Verlag Georg Thieme. pp. 565–570.
- ↑ Stern, Curt (1969). "Richard Benedict Goldschmidt". Perspect Biol Med 12 (2): 179–203. PMID 4887419. doi:10.1353/pbm.1969.0028.
- ↑ Goldschmidt, Richard (1960). In and Out of the Ivory Tower. University of Washington Press. pp. 173–175. LCCN 60005653.
- ↑ "Imperial War Museums".
- ↑ Verne Grant The origin of adaptations 1963
- ↑ Prog Nucleic Acid Res&Molecular Bio by J N Davidson, Waldo E. Cohn, Serge N Timasheff, C H Hirs 1968, p. 67
- ↑ Nick Lane Power, Sex, Suicide: Mitochondria and the meaning of life 2005, p. 30
- ↑ Eva Jablonka, Marion J. Lamb Epigenetic Inheritance and Evolution: The Lamarckian Dimension 1995 p. 222
- ↑ Donald R. Prothero Evolution: What the Fossils Say and Why It Matters 2007, p. 99
- ↑ Theissen, G (2006). "The proper place of hopeful monsters in evolutionary biology". Theory Biosci 124 (3–4): 349–369. PMID 17046365. doi:10.1016/j.thbio.2005.11.002.
- ↑ Scott F. Gilbert Developmental Biology Sinauer Associates; 6ª edición, 2000
- ↑ Theissen, G (2010). "Homeosis of the angiosperm flower: Studies on three candidate cases of saltational evolution" (PDF). Palaeodiversity 3 (Suppl): 131–139.